viernes, 1 de mayo de 2020

Os Gregos en Iberia. Vídeos, audios e artigos

Audio da UNED do profesor Adolfo Domínguez Monedero




Síntese: 

Os restos arqueolóxicos gregos máis antigos en Iberia dátanse no século VIII a.C, aínda que o seu principal asentamento data da primeira metade do s. VI a.C., en S. Martín de Ampurias (Tarragona), antigamente Emporion. Os restos máis antigos desta localidade corresponden a vivendas e obradoiros cerámicos.
A presenza grega, ou polo menos dos seus produtos de comercio (especialmente recoñecibles na cerámica), documéntanse ao longo de todo o litoral levantino ata Tartesos.
Os materiais máis antigos teñen aparecido en La Fonteta (Guardamar del Segura, Alicante), asento dunha colonia fenicia con murallas datables no século VII, pero con restos materiais fenicios e gregos dende o século VIII a.C.
En Iberia non se produce unha colonización grega recoñecible ao sur da provincia de Tarragona, pero constátase que existen importantes concentracións de materiais arqueolóxicos desta orixe en todo o litoral levantino e meridional ibérico ata Huelva, límite da cultura tartésica.
Ata este porto, no que se documentan milleiros de restos de orixe grega, temos restos en Málaga (finais s. VII a.C.) e tamén no interior ibérico, a onde chegan cerámicas ata a provincia de Badajoz (como en Cancho Roano, finais do s.V comezos do IV a.C.).
Polo demais, probas materiais dese comercio témolas tamén nas mesetas e ata en Galicia.

Vídeo-Conferencia de JOAQUÍN RUÍZ DE ARBULO
Emporion, una ciudad griega llamada "mercado"



Fontes primarias para o coñecemento da colonización grega de Iberia:

Cartas comerciales en plomo

Textos epigráficos localizados arqueoloxicamente permiten completar o noso coñecemento sobre o tema. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario