![]() |
| Imaxe de Iberia nos tempos de Polibio |
Dos 40 volumes que formaron as Historias de Polibio había un, hoxe perdido, dedicado á descrición xeográfica de Iberia (libro XXXIV), onde seguramente tamén se trataban os pobos peninsulares coñecidos da época. Dese libro só se conservan algúns fragmentos recollidos por outros autores. Entre o que conservamos efectivamente da súa obra relativo a estes pobos, recollemos deseguido algúns apuntamentos.
Durante a Primeira Guerra Púnica (264-246 a.C.) o exército cartaxinés recrutou mercenarios iberos –sic-entre outros (I, 17, 4), dos que non se ofrecen maiores especificacións.
Ao tratar a Segunda Guerra Púnica (218-202 a.C.), pola contra, fixo alusión a etnias diferenciadas ao comentar a cantidad de mercenarios recrutados por Aníbal: Thersitai, Mastianoi, Oreitai e Olkades (Polibio III 33, 8-10)
-
Con calculo propio dun home prudente e experto fixo pasar soldados de África a España e desta a África, estreitando con semellante plan a lealdade mutua de ambas as poboacións. Os que pasaron a África foron os tersitas e os mastios, e ademais os oretanos iberos e os olcades. Os soldados procedentes destes pobos sumaban 1200 xinetes e 13.850 homes de a pé. Ademais destes había baleares. Os habitantes destas illas usan principalmente tirafondas...
Coa mesma parquedade fala Polibio dos pobos sometidos por Aníbal ao norte do Ebro: Ilourgetai, Bargousioi, Areinosioi e Andosinos., aos que só menciona:
-
Cruzou o río Ebro e someteu ás tribos de ilergetes e bargusios, tamén aos ernesios e aos andosinos ata chegar aos chamados Pirineos (Polibio, III, 35, 2)
De todos estes pobos, apenas temos localizados aos ilergetes, entre cuxas cidades contaba Ilerda (actual Lleida). Con anterioridade a este episodio, menciónanse tamén os vacceos (entre os cales Salamanca e Arbucala, no curso medio do Douro) e os carpetanos (Karpesioi, entorno a Toledo, Castilla la Mancha...) a propósito dunha incursión de Aníbal cara a Meseta norte en 220 a.C. (III, 14, 1-10)
(continuará)



No hay comentarios:
Publicar un comentario