Tras
a conquista romana do Noroeste este sector presenta dúas regiones coñecidas
como Gallaecia e Asturia, que consideramos de creación romana porque
descoñecemos entidades étnicas desa magnitude en tempos prerromanos.
Pero se de Asturia e Gallaecia non temos noticia como entidades étnicas ou políticas indíxenas, non é o caso doutras entidades menores, que podemos rastrexar tanto a través dos seus propios etnónimos como a través do vocabulario político greco-romano empregado polos autores clásicos para referir as súas formas de organización socio-política. Nesta entrada presentaremos as fontes antigas que nolas dan a coñecer, e deixamos para outra entrada a análise daqueles termos e unha proposta para a súa interpretación.
A REGIO DE GALLAECIA
Non
só non hai rastro destas regiones na documentación, senón que ademais é improbable que
existisen entidades de tales proporcións, pois non había estrutura política (do
tipo Estado ou Reino) capaz de aglutinar territorios tan extensos e con tanta
poboación. De feito, a realidade indíxena era tan vaporosa a ollos romanos, que
tiveron que conformar os seus propios “conxuntos étnicos” (Lusitanos, Celtíberos, Vetóns, Vacceos, Ástures, Galaicos, etc) para organizaren a Iberia.
Por iso durante o proceso de ocupación romana de Hispania os Galaicos
aparecerán confundidos cos Lusitanos, só distinguidos ao xeito duns “lusitanos
do norte”, como nos mostran os seguintes parágrafos de Estrabón (xeógrafo grego
do cambio de era):
- Os últimos [da Lusitania] son os Callaicos que habitan unha grande parte da montaña. Por seren os máis difíciles de someter deron o seu nome ao que venceu aos Lusitanos. E por iso hoxe a meirande parte dos Lusitanos chámanse Callaicos (Estrabón III 3,2)
- Ao N. do Teixo está a Lusitania, o máis grande dos pobos ibéricos e a que foi combatida polos romanos moitísimo tempo. O Teixo limita o S. desta rexión; o Océano, o W e o N.; o L, os Carpetanos, Vettóns, Vacceos e Callaicos, pobos ben coñecidos. Os demáis pobos non é preciso mencionalos pola súa pequenez e pouca importancia. Contrariamente aos de agora, outros tamén lles chaman Lusitanos [quere dicir que, en tempos, aos galaicos tamén lles chamaban lusitanos]. Os Callaicos limitan polo L cos Ástures e os Celtíberos e os demais limitan só cos Celtíberos (Estrabón III 3,3)
![]() |
| Os lusitanos lindaban co Océano ao norte e oeste, segundo Estrabón |
Neste
parágrafo insinúase, incluso, que os lusitanos lindaban ao norte co mar
Cantábrico deixando aos Galaicos ao leste, ao seu tempo deixando ao leste aos Ástures,
o que reflicte un burullo inexplicable se non se estivese intentando describir
unha realidade xeográfica realmente descoñecida, pero en proceso de
descubrimento.
Só
despois da conquista do NO e a súa reorganización, comeza a definirse o que os
romanos chamaron a Gallaecia, rexión xeográfica (non circunscrición
administrativa), máis tarde dividida nos conventos lucense e bracarense.
No
proceso de descubrimento do NO, o que si recoñecen os romanos sen necesidade de
reinventar novas entidades, é a existencia de grupos humanos non moi extensos, que
se distinguían os uns dos outros por un nome étnico, un etnónimo indíxena: os chamados en latín populi, literalmente “pobos”.
POPULI
Estes
pobos, de nome comunmente indoeuropeo (lusitano-celta), non teñen
correspondencia con ningunha circunscrición actual, abranguendo un territorio
que se movería en tamaño entre un concello e unha comarca. Este nivel de
organización indíxena (o máis grande polo que sabemos) coñecémolo baixo unha
denominación grega: ethnos (de onde “etnia”) e dúas denominacións latinas,
fundamentalmente: populus “pobo” e gens (de onde procede “xente”, “xentil”,
“xentilicio”, etc.).
As primeiras noticias debémosllas a Estrabón:
- Os Ártabros teñen moitas cidades [póleis] situadas nun golfo ao que os navegantes que o percorren lle chaman “Porto dos Ártabros”. Hoxe en día os Ártabros chámanse Arotrebas. Arredor de 30 pobos [éthne] habitan a rexión entre o Teixo e os Ártabros. Aínda que o país é rico en froitos e gando e pola cantidade de ouro, prata e outros metais, sen embargo, a meirande parte deles, deixando de vivir da terra viven do roubo e en guerra entre si mesmos e contra os viciños atravesando o Teixo ata que os Romanos acabaron con isto; suxeitándoos e transformando a meirande parte das súas cidades en aldeas e mesmo mellorando algunhas. Os da montaña, como é lóxico, foron os que comenzaron este tipo de vida anárquica... (Estrabón III 3, 5)
Neste
parágrafo cítanse os Ártabros, populus do entorno das rías de Ferrol e da
Coruña, e menciónanse outros 30 entre aqueles e o Teixo, que non se citan. A cualificación dos asentamentos ártabros como póleis seguramente non se fai en sentido técnico, pois a polis grega é unha cidade-estado (Esparta, Atenas, etc.), e este modelo non parece ser aquel ao que se acomoda a organización política dos castros galaicos.
Mela e Plinio transmítennos máis étnonimos indíxenas:
Mela e Plinio transmítennos máis étnonimos indíxenas:
- (9) logo (a costa) exténdese cun pequeno entrante, axiña sobresae un pouco, presentándose de novo, en liña recta ata o promontorio que chamamos Céltico.
- (10) Habítana toda os Célticos, pero dende o Douro ao entrante están os Grovios e corre a través deles o Avo, o Celado, o Nebio, o Minio e o Limia que ten o alcume de esquecemento. O mesmo entrante abranguendo a cidade [urbe] de Lambrica recibe os ríos Laero e Ulla.
- (11) Os Praesamarchos habitan a parte que sobresae e a través deles corren os ríos Tamaris e o Sars [Tambre e Sar] nacidos non lonxe; o Tamaris (desemboca) xunto ao porto de Ebora e o Sars onde a torre que lembra o nome de Augusto. Por outra parte, os super Tamaricos e os Nerios son os que viven máis alonxados naquela zona. Ata aquí, pois, pertencen as costas que miran cara Occidente.
- (12) Logo a terra en toda a súa extensión está orientada cara ao N., dende o promontorio Céltico ata o Pirineo. Hai un continuo litoral case recto ata os Cántabros, agás algúns suaves entrantes e pequenos cabos.
- (13) Nel están primeiro os Ártabros, aínda pobo celta, e logo os Ástures. Nos Ártabros (hai) un golfo de estreita embocadura, pero dun contorno amplo que acolle á cidade [urbe] de Adrobrica e recibe as desembocaduras de catro ríos: dous sen importancia aínda entre os indíxenas e polas outras desemboca o Duncanario e o Libyca. Na costa dos Ástures está a cidade [oppidum] de Noega e tres aras ás que chaman Sestianas están asentadas nunha península e están consagradas ao nome de Augusto e dan fama a terras antes ignoradas.
Vemos outra vez os Ártabros, tamén os Grovios e máis
pobos célticos: Supertamaricos, Nerios e Praestamarcos.
Todos os pobos e asentamentos do noroeste citados por Mela son litorais, porque á altura de mediados do século I d.C. son probablemente os mellor coñecidos. Plinio, que tería ocupado o cargo de procurador das minas en Asturia en torno ao ano 73 d.C., puido ter un coñecemento máis directo e pormenorizado da nosa xeografía, aínda que non se extende cos seus étnicos, por soaren “bárbaros” a oídos latinos:
Todos os pobos e asentamentos do noroeste citados por Mela son litorais, porque á altura de mediados do século I d.C. son probablemente os mellor coñecidos. Plinio, que tería ocupado o cargo de procurador das minas en Asturia en torno ao ano 73 d.C., puido ter un coñecemento máis directo e pormenorizado da nosa xeografía, aínda que non se extende cos seus étnicos, por soaren “bárbaros” a oídos latinos:
![]() |
| Proposta de localización de populi indíxenas no NO (non definitiva) |
- A estes [os Cántabros] engádense 22 pobos dos Ástures, divididos en Augustanos e Transmontanos, con Astúrica, "urbe magnifica". Fronte a estes están os Gigurros, os Paesicos, os Lancienses e os Zoelas. O número de toda a poboación é de 240.000 persoas libres. O convento Lucense ten ademais dos Célticos e Lemavos 16 pobos de nome descoñecido e bárbaro, pero ten case 166.000 persoas libres. Do mesmo modo o [convento] Brácaro ten 24 cidades e 285.000 persoas dos que, ademais dos mesmos Brácaros poden nomearse sen fastío os Bíbalos, os Coelernos, os Callaicos, os Equaesos, os Límicos e os Querquernos. (Plinio, HN III 28)
Nesta noticia aséntase a sospeita de que os Gallaicos non eran máis que un populus indíxena, aquel que fora vencido por Bruto no 137 a.C. e que, pola súa grande sona, o seu étnico fora estendido ao resto da poboación da regio romana de Gallaecia.
Neste mesmo parágrafo Plinio emprega un censo de poboación, atribuído xeralmente ao xeneral Agripa, aquel a quen Augusto encomendaría a redución dos rebeldes das guerras ástur-cántabras, e quen tras o remate das guerras tería medido os novos territorios conquistados e efectuado o preceptivo reconto de poboación (suponse que as cifras inclúen todos os homes e mulleres libres [en latín: capita libera], susceptibles de tributaren; cf. Plinio HN III 118).
Neste mesmo parágrafo Plinio emprega un censo de poboación, atribuído xeralmente ao xeneral Agripa, aquel a quen Augusto encomendaría a redución dos rebeldes das guerras ástur-cántabras, e quen tras o remate das guerras tería medido os novos territorios conquistados e efectuado o preceptivo reconto de poboación (suponse que as cifras inclúen todos os homes e mulleres libres [en latín: capita libera], susceptibles de tributaren; cf. Plinio HN III 118).
Aos
pobos mencionados anteriormente, engádense os seguintes:
- ... A rexión dos Astures, a cidade [oppidum] de Noega. Na península, os Paesicos e logo o convento Lucense dende o río Navia, cos Albións, Cibarcos, Egos, Varros de nome Namarinos, Adovos, Arronios e Arrotrebas, (Logo) o promontorio Céltico e os ríos Florio e Nelo. Os Célticos de sobrenome Nerios e os Super Tamaricos na península na que se adicaron a Augusto as tres aras Sestianas, os Coporos, a cidade [oppidum] de Noeta, os Célticos de sobrenome Praestamarcos, os Cilenos. Das illas deben nomearse Corticata e Aunios [Cortegada e Ons]
- Despois dos Cilenos vén o convento Brácaro cos Hellenos, Grovios e o "castellum Tyde" [castro de Tui], todos descendentes dos Gregos. As illas Siccas [Cíes], a cidade [oppidum] de Abobrica. O río Minio con desembocadura de 4.000 pasos de ancho, os Lemavos, os Seurbos e Augusta, cidade dos Brácaros [Bracarum oppidum] e, enriba destes, está Gallaecia. O río Limia, o río Douro dos maiores de Hispania nacido entre os Pelendonios e que pasa xunto a Numancia, logo (pasa) a través dos Arévacos e Vacceos, quedando separados os Vettóns de Asturias e os Gallaicos de Lusitania, separando tamén os Túrdulos dos Brácaros. Esta rexión citada dende o Pirineo está chea de xacementos de ouro, prata, ferro, chumbo negro e branco. (Plinio HN IV 111-112)
Como pode verse a través destas citas, o vocabulario clásico está lonxe de transmitir claramente a realidade indíxena que traduce, pois a maioría dos termos empregados o son en sentido xenérico. Noutra entrada analizaremos ese vocabulario pra aclarar que podemos entender tras os numerosos e variados termos que se manexan naqueles antigos textos (polis, oppidum, urbs, castellum...)


No hay comentarios:
Publicar un comentario