La aventura del saber. El túnel del tiempo. TVE. Serie documental. Galicia 3. Castros
Durante o Principado, a conquista romana doutros pobos supoñía o recrutamento colectivo de homes en idade militar para formar parte dos corpos auxiliares do exército regular, a Lexión, que logo se destinaban ao servizo moi lonxe das súas terras de orixe.
Esta dinámica contribuía á pacificación desarraigando das súas comunidades aos elementos mobilizables para a guerra, de aí que, dende época de Augusto, nos atopemos a moitos soldados do NO destinados nos limites renano e danubiano. A súa leva faríase presumiblemente a través das respectivas civitates, pero nas denominacións dos corpos aquí recrutados (cohortes de infantería ou alas de cabalería) distínguese sobre todo a referencia ao convento: cohors I Asturum, cohors I Lucensium Hispanorum, Cohors I Lucensium equitata, cohors III Lucensium, Cohors I Bracaraugustanorum, Ala II Asturum, Ala III Asturum... Aínda que tamén se mencionan algunhas con denominación rexional ampla: Cohors I Asturum et Callaecorum.
Exemplo privilexiado desta situación é a famosa Estela de Pintaio fillo de Pedilico, un ástur transmontano do castellum Intercatia, debido á riqueza iconográfica da súa lápida, pois se nos representa a Pintaio con todos os atributos do seu rango (signifer da V Cohorte de Ástures).
O vídeo que se mostra deseguido analiza en detalle este importante documento epigráfico.
Bibliografía:
Pitillas Salañer, E. (2006) "Soldados auxiliares del ejército romano originarios del NW de Hispania (s. I d.C.)", en Hispania Antiqua XXX (pp.21-34)

No hay comentarios:
Publicar un comentario